O BNG solicita actuar de urxencia contra as verteduras e cheiros en Couso

18 Setembro 2020

O BNG de Ribeira desprazouse este venres até o lugar de Couso, contorna litoral na parroquia de Aguiño de gran riqueza natural e paisaxística, para denunciar un problema que arrastra esta paraxe ambiental dende hai décadas: o problema da contaminación. Desta volta, a das verteduras e cheiros emitidos dende as fábricas emprazadas na contorna e a EDAR recentemente instalada na mesma (deseñada para unha poboación de 19.000 habitantes). Segundo o BNG, esta contaminación prexudica a calidade de vida dos veciños e mesmo os recursos dos que dependen as traballadoras e traballadores do mar.

O voceiro do BNG en Ribeira, Xosé Vázquez Cobas, sinalou que “en numerosas ocasións ao longo das últimas décadas, os veciños e veciñas reiteraron as súas queixas polos cheiros insoportábeis que padecen e que fan molesta, incómoda e insán a vida preto do lugar”. Vázquez lembrou “como o BNG se opuxo historicamente á instalación de industrias na zona e como a veciñanza chegara ao punto de recoller sinaturas solicitando que non se concedesen licenzas para industrias potencialmente contaminantes nese punto e na súa contorna”.

Vázquez Cobas tamén reflectiu as queixas do colectivo mariñeiro e mariscador, que teñen denunciado residuos no mar, coloracións na auga de procedencia industrial e presenza de verteduras de aparencia aceitosa. Segundo informan desde a formación nacionalista, “nas últimas semanas volveu a haber denuncias públicas desta situación que amosan non só ata que límite produce cansanzo na veciñanza do lugar senón tamén grande preocupación”.

Ante esta situación a deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez Fernández, anunciou a presentación de diversas iniciativas parlamentares para indagar se a Xunta é coñecedora desta situación e se ten pensado investigar e solucionar as verteduras que se están producindo ao medio mariño. Para a deputada nacionalista, “resulta sorprendente que ningunha administración teña tomado ata o de agora cartas no asunto e decidido investigar a procedencia tanto dos cheiros como das verteduras ao mar a pesar das queixas”. Segundo Pérez Fernández, “a situación é de especial importancia precisamente por tratarse dunha zona natural sensíbel e por ser unha zona de importante produción pesqueira e marisqueira, na que mesmo ten lugar un dos eventos gastronómicos de produtos do mar máis coñecidos e recoñecidos no país”.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.