O BNG de Ribeira pide que se equipe ás parroquias de Internet de calidade

01 Setembro 2020

Os representantes do BNG ribeirense no porto de Corrubedo

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de mover ficha en contra da fenda dixital urbano-rural, ou sexa, a que marca distancias entre as cidades e o rural en materia de oportunidades para gozar dunhas telecomunicacións de calidades, vitais, hoxe máis ca nunca, para teleformarnos, teletraballar e comunicarnos. Concretamente, a agrupación rexistrou unha iniciativa plenaria que reflicte “as queixas recibidas de veciños e veciñas das parroquias para que o Concello de Ribeira non fique de brazos cruzados ante a falta de acceso de calidade á Internet nas zonas rurais do municipio”.

Para os nacionalistas a poboación que vive en zonas rurais “precisan contar con todos os servizos fundamentais de maneira igual aos habitantes que viven nos ámbitos urbanos, entre estes servizos non só está o saneamento, a auga, o lixo ou o alumeado senón que tamén é o acceso a Internet de calidade”.

O concelleiro Luís Pérez Barral engadiu que “o acceso a Internet é un dereito recoñecido pola ONU e debe ser garantido polas administracións públicas, sobre todo nun contexto no que a COVID-19 deixou patente a fenda dixital existente entre os veciños e veciñas que viven no rural, fronte aos que viven nos ámbitos urbanos”. Ante esta situación, o BNG esixe que o Concello de Ribeira inste á Xunta, ao Goberno do Estado e ás compañías telefónicas a que fagan o despregamento da fibra óptica en igualdade de condicións a toda a veciñanza que carece dela na actualidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.