Esperanza Mara recala na Biblioteca de Rianxo co seu obradoiro-contacontos Xogando coa Música

29 Setembro 2020

A soprano, artista e divulgadora noiesa Esperanza Mara vai recalar en Rianxo para impartir un obradoiro creativo para crianzas e familias: a actividade Xogando coa música, un convite, con formato de contacontos, a deixarse levar pola maxia da voz, dos instrumentos e da voz de cada quen.

Vaise celebrar ao abeiro do ciclo Xoves da Biblioteca. A actividade está prevista para este xoves 1 de outubro, ás 18.00 horas, e vén especialmente indicada para nenas e nenos de entre os 3 e os 8 anos. A entrada é de balde previa reserva na conta biblioteca@concelloderianxo.gal ou no teléfono 667 185 581. Organiza Cultura e Xuventude de Rianxo ao abeiro do programa autonómico Ler Conta Moito.

O miolo argumental da actividade é a historia dunha soprano que tivo a desgraza da que un rapaz se rira nela nunha actuación. Logo, coa axuda do polbo Neón e o peixe don Feixe consegue dar coa solución para volver cantar sen que lle importen as opinións dos demais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.