En Ribeira vendidos 129 bonos en catro horas para a mostra de teatro

14 Setembro 2020

A Mostra de Teatro de Ribeira está a causar un ano máis un gran interese por parte da cidadanía ata o punto de que na primeira xornada de expedición de bonos foron vendidas un total de 129 unidades nas catro horas de apertura da Oficina de Atención Cidadá do Concello.
Isto implica que, tras a correspondente redución de aforo pola normativa covid, tan só sexan 71 as butacas dispoñible, o que fai presumir que se esgotará a totalidade de bonos moito antes da data límite para poder adquirilos, establecida no 9 de outubro.
Cómpre lembrar que a compra de bonos ten lugar mediante tarxeta
bancaria na citada Oficina de Atención Cidadá, en horario de 9.30 a 13.30 horas. O seu importe é de 25 euros e dá dereito a asistir a un total de dez representacións, todas elas ás 21.30 horas no Auditorio.

Mostra de Teatro Ribeira 2020

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.