En marcha a instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo na rúa dos Bolos en Aguiño

01 Setembro 2020

O Concello de Ribeira informou de que xa comezaron os traballos para instalar unha rede de saneamento con pozo de bombeo na rúa dos Bolos, así como na vía transversal, ambas situadas na parroquia de Aguiño. O Goberno local lembra que a contorna dos Bolos carecía de rede de saneamento, polo que elaborouse un proxecto técnico dirixido a dotala deste servizo. Instalaranse en primeiro lugar dúas tubaxes tipo SN4: unha de 315 milímetros de diámetro e 68 metros de longo e outra de 250 milímetros de diámetro e 60 metros de lonxitude.

A través destes colectores conduciranse as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas mergulladas fixas de caudal unitario 3,50 m3/h. Dende o devandito punto impulsaranse as augas por medio dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 125 metros de longo e 63 milímetros de diámetro ata a súa conexión coa rede xeral. Asemade, habilitaranse 6 pozos de rexistro separados cada 40 metros aproximadamente.

Pavimentacións

A maiores de todo o devandito rúa dos Bolos será pavimentada con aglomerado en quente e na vía transversal reporase a gabia (a zanxa) con pavimento de formigón. A actuación está sendo executada pola empresa Excavaciones Nima, S.L.. Comporta unha inversión de 33.880 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.