Até 15 embarcacións tomarán a saída este sábado na XII Volta a Ons

23 Setembro 2020

Finalmente a edición número doce da Volta da Ons, unha das grandes regatas galegas, co engadindo extra de ter os puntos de partida e chegada na nosa comarca, vaise celebrar este sábado 26 de setembro, logo de que fose adiada o pasado día 5 por mor do forte vento do nordés. Así nolo vén de confirmar o Club Náutico Arousa Norte, organizador da clásica competición de vela galega, que conta co patrocinio de Atlantic Dental Institute e a Clínica López Castro.

Ziralla, do Ro Yacht Club, vencedor do pasado Tofeo Gadis, participará na regata

Segundo lembra o Club da Pobra, a 12 Volta a Ons dá comezo á tempada outonal de cruceiros na ría de Arousa. Esta edición da clásica cita galega largará amarras desde as proximidades do porto da Pobra do Caramiñal ás 12.00 h e, segundo confirma a organización, está previsto que uns 15 barcos tomen a saída en representación de todos os clubs da ría.

O percorrido consistirá en virar varias balizas nas inmediacións da rada pobrense, antes de dirixirse a augas exteriores da ría para circunnavegar as illas de Ons e Onza e, finalmente, volver a unha liña de chegada na enseada da Pobra.

A inestabilidade e escaseza de vento poderían facer acto de presenza segundo as predicións que avisan de ventos do Norte duns 5 e 10 nós. Para iso o comité de regatas baralla diversas alternativas nos percorridos.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.