As deficiencias das instalacións portuarias de Ribeira e Palmeira a pleno

16 Setembro 2020


O estado das instalacións portuarias do municipio ribeirense deixan bastante que desexar segundo o PBBI , e a pesar de que se acometeron algunhas actuacións nos últimos meses, aínda así son múltiples as súas deficiencias e desfeitas, así como que presentan unha deterioración por falta dun mínimo mantemento. Os roubos nas mesmas se suceden sen que ninguén, din, lles poña freo. Particularmente, os mariñeiros de Palmeira trasladaron din a este grupo municipal as súas queixas pola existencia de táboas rotas nos pantaláns, a súa escasa iluminación e a falta de videovixilancia, así como a ausencia de valos de protección e que non se realiza unha adecuada desinfección, o que orixina pragas de roedores.

Ademais, indican que no peirao vello hai fendas nos laterais e na parte de arriba, e advirten que a pesar de que estar orzada desde hai tempo a
construción de chabolas para os usuarios do devandito porto, aínda seguen sen facerse.
 
O PBBI presenta para o seu debate e aprobación o pleno municipal unha moción na que solicita que o Concello inste a Portos de Galicia para que proceda á reparación dos pantaláns da dársena de Palmeira por resultar perigosos ao estar rotos, e que reforce a iluminación da devandita zona porturia para mellorar a súa seguridade. Tamén a que revise os sistemas de vixilancia existentes nos portos de Ribeira para garantir o seu funcionamento e efectividade, e que onde non hai ningún proceda á súa instalación e, de igual modo, garantir o seu correcto funcionamento.

Palmeira. c


Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.