A ARE consegue o apoio de todos os partidos políticos locais para reactivar a economía rianxeira

18 Setembro 2020
Luis Duro, presidente da Asociación Rianxeira de Empresarios

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) convocou esta semana, o martes 15, unha xuntanza con representantes dos partidos políticos con representación local para avaliar conxuntamente a actual situación da economía do concello e traballar xuntos e en consenso a prol da recuperación. A xuntanza celebrouse no salón de plenos do Consistorio ás 20 horas e nela estiveron presentes o presidente, o vicepresidente e a técnica da ARE, Luis Duro, Diego Rodríguez e Ana Vicente. Por parte da Corporación municipal acudiron Adolfo Muíños e Xusto Xosé Ordóñez (BNG), Carmen Figueira e Francisco Javier García (PSOE), Mariano Moares (PP), Julián Bustelo e Julio Alcalde (Rianxo en Común) e Sara Resúa (Ciudadanos).

A ARE decidiu convocar esta reunión por mor da “necesidade de acadar consensos e unir esforzos ante a situación na que se atopa a economía local tralo impacto da crise sanitaria do COVID-19”. Segundo fixo saber a asociación, “a pandemia provocou unha situación de crise económica a nivel mundial que non vai ter unha recuperación fácil e que, coma sempre, se vai cebar coas micropemes e coa persoas traballadoras autónomas”.

Na xuntanza abordouse a necesidade de manter entre todos un diálogo construtivo destinado a fomentar a unión de esforzos comúns da ARE, do Concello e de todo o sector empresarial. Algúns dos temas que se trataron durante as 3 horas que durou a reunión foron: a necesidade de que se aprobe o PXOM, a situación na que se atopa o proxecto da ARE para crear no Parque Empresarial naves de alugamento (con prezos vantaxosos para pemes e micropemes) ou, tamén, a posibilidade de asentar no Parque unha segunda escola infantil que, segundo informou o alcalde, sería necesaria por existir unha lista de agarda de 18 usuarios na actualmente operativa. Para o devandito proxecto o Concello cedería unha parcela de uso público e a ARE, xunto con algunha outra entidade local, comprometeuse a estudar o financiamento do inmóbel e a posta en marcha da escola cunha axuda da Xunta.

En canto aos prezos dos alugamento dos baixos comerciais en Rianxo tódolos presentes coincidiron na necesidade de idear “medidas para fomentar a ocupación dos baixos baleiros” así como “para afinar os prezos do alugamento en beneficio do inquilino pero sen penalizar ao propietario”.

Asemade, destacouse a necesidade de traballar máis na dinamización e a promoción turística de Rianxo e de toda a comarca do Barbanza así como na de investir na formación do sector da hostalería para lograr unha maior profesionalización.

Por outra banda, púxose o foco na conveniencia de impulsar conxuntamente o directorio empresarial online e o marketplace rianxeiro, postos en marcha pola ARE e o Concello, informando aos presentes do estado no que se atopa dito proxecto e resaltouse que “a idea fundamental”, ademais de ofrecer maiores posibilidades de ventas para o comercio local, é a de “crear un escaparate virtual no que calquera veciño atope aquelo que precise e faga gasto nos negocios locais”. Así mesmo indicouse que a vindeira semana a ARE vai incorporar novo persoal, contratado

mediante unha subvención da Xunta, para traballar precisamente neste proxecto dixital.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.