En Ribeira o xoves formación online gratuíta aos comercios en “Ribeira store”

11 Agosto 2020

Este xoves 13 de agosto levarase a cabo unha sesión de formación grupal sobre a plataforma de venta por Internet ‘Ribeira Store’ a aqueles negocios xa adheridos que estean interesados en sacarlle o máximo rendemento ao market place.

Esta sesión, que é gratuíta, terá lugar de maneira telemática a través
do enlace https://meet.google.com/fhg-ikax-eyg. Arrancará ás 20.30
horas. Aquelas persoas que desexen participar na actividade só
teñen que enviar un e-mail a soporte@ribeirastore.com.
Cómpre destacar que segue medrando o número de inscritos a xa
son a día de hoxe 109 os negocios adheridos a unha plataforma que
pretende servir de elemento potenciador do noso tecido comercial ao
tempo que contrarrestar mediante as novas tecnoloxías os efectos da
pandemia.
As empresas ribeirenses que aínda non o fixeron teñen a oportunidade de sumarse gratuítamente a esta plataforma cubrindo o formulario da páxina ribeirastore.com denominada ‘Registro de Comercios’.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.