Disparanse os casos da Covid-19 na área Santiago- Barbanza con 158 novos positivos, son xa 212. Galicia chega a 2.306

23 Agosto 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.306 deles 1.207 son da área da Coruña, 304 da de Lugo, 203 da de Ourense, 120 da de Pontevedra, 154 da área de Vigo, 212 da de Santiago, e 106 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 66 en unidades de hospitalización e 2.230 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.889 persoas curadas, rexistrándose 632 falecementos.  O número de PCR realizadas é de 302.859.

A área compostelá, con 39 casos menos, é a área galega que máis sobe, só superada pola herculina, que con 40 casos volve ser a área que encabeza o ascenso de casos en Galicia.

Na área Santiago-Barbanza este ascenso é consecuencia dos positivos detectados e vinculados ao brote de Melide No que onte eran 21 as persoas que deran positivo, e os novos brotes declarados en Muros e Santa Comba dos que xa informamos onte en O Barbanza. Salientar que o cribado que se está realizando na área sanitaria está a facer que aparezcan novos casos.

Hoxe os datos do SERGAS indican de novo que a realización de test aumentaron. En só dous días pasouse do 1.678 test anunciados o martes aos 4.331 de onte, cifra récord nas últimas semanas.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.