A Volta Ons volve soltar amarras dende A Pobra do Caramiñal

31 Agosto 2020

Esta tempada a nosa costa é un fervedoiro de regatas de primeira categoría. Entre as máis destacadas de todo o litoral galego, polo fermoso e espectacular trazado e polo nivel dos participantes que se xuntan na proba, atópase a Volta a Ons, que chega á súa 12 edición este 5 de setembro organizada polo Club Náutico Arousa Norte (Pobra do Caramiñal). Conta co patrocinio de Atlantic Dental Institute e a Clínica Dental do Dr Gonzalo López Castro. En palabras do club, “é unha das citas náuticas con máis soleira das Rías Baixas”. Nas súas anteriores edicións, a proba foi organizada polo C. N. Caramiñal.

A regata dará comezo na enseada vila pobrense, contándose coa participación dunha vintena de embarcacións procedentes de todos os recantos das Rías Baixas. Os navegantes mediranse a un esixente percorrido consistente na circunnavegación das illas de Ons e Onza, algo máis de 25 millas que decidirán aos campións no tres clases que se divide esta regata. En función das predicións meteorolóxicas, o comité organizador prepara diversas opcións de reducir as millas a percorrer.

“Será, sen dúbida, unha gran cita para os amantes da vela”, tal e como sinalaba o presidente do Club Náutico Arousa Norte, Juan A. Santamaría, engadindo que “é unha honra e un orgullo poder retomar esta regata que hai unha década reunía na liña de saída a máis de 50 embarcacións”.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.