Este mércores xulgan a tres mozos de Ribeira por tráfico de drogas

07 Xullo 2020

A Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago xulga este mércores, día 8, a tres acusados de tráfico de drogas no municipio coruñés de Ribeira.

Os feitos remóntanse ao mes de febreiro de 2017, cando a Policía Nacional deu o alto a un vehículo en Ribeira no que viaxaban os tres acusados e que sospeitaban que podía levar droga. No interior do turismo localizaron unha caixa forte oculta con 1.659,90 euros repartidos en billetes e moedas, así como un móbil e unha tarxeta SIM e distintos efectos destinados ao tráfico de substancias estupefacientes.

En poder dun dos detidos atopouse caseque cen gramos de cocaína e dous móbiles. O terceiro dos acusados foi interceptado horas despois tras fuxir do lugar e levaba 206 gramos de haxix, 5,4 gramos de heroína e 0,8 gramos de cocaína. Así mesmo, no seu poder foron localizadas armas prohibidas. O fiscal considera aos tres acusados autores dun delito contra a saúde pública, mentres que a un deles atribúelle tamén tenencia ilícita de armas. Para dous solicita cinco anos de prisión e sete para o terceiro, así como o pago de 45.000 euros de multa.

Outros artigos

Unha persoa resulta ferida e excarcerada tras chocar cun poste en Rois

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro veñen de intervir en accidente con atrapados no Concello de Rois. Xunto Ges Padrón, 061, Garda Civil e PC Rois. Un condutor tivo que ser liberado do interior do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.