Quico Cadaval recibirá o Premio Xiria ao Labor Teatral

08 Xullo 2020

A organización da XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas decidiu conceder o Premio Xiria ao Labor Teatral 2020 ao autor, director, actor e narrador Quico Cadaval (1960, Carreira, Ribeira). O galardón seralle entregado pola súa “inesgotábel creatividade, da que destaca a súa arte, única e xenial, na narración oral, capaz de conxugar o imaxinario colectivo galego co universal” O xurado tamén salienta o “dominio asombroso da lingua, tanto popular, culta como musical” do que fai gala o autor carreirán, que tamén destaca pola súa capacidade para transmitir “valores, cultura, espazos, historias e Historia, cunha narrativa, cuasi shakespeariana”.

O Premio Xiria ao Labor teatral nace no ano 1987 e ten como obxectivo o recoñecemento das persoas, organizacións, entidades públicas ou privadas que demostrasen ao longo da súa traxectoria profesional un traballo teatral que, dun xeito ou outro, deixase pegada nas Artes Escénicas de Galicia.

O galardón consiste nunha escultura de aluminio deseñada polo artista plástico Manuel Lareo a partir do logotipo creado para a MITCF polo pintor Manuel Pizcueta.

Nas anteriores edicións foron recoñecidos Monicreques de Kukas, Mabel Rivera, Candido Pazó, o Grupo Chévere, Luma Gómez, Etelvino Vázquez, Frigoríficos del Morrazo, a Escola de Teatro de Narón, Ana Romaní ou Juan Cejudo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.