Preséntanse 25 ofertas para as obras de pavimentado das rúas Fontenova e Alto do Rial, en Castiñeiras

01 Xullo 2020

A rúa do Alto do Rial en Castiñeiras, Ribeira

O Concello de Ribeira fixo balance das ofertas recibidas para as obras de pavimentado das rúas Fontenova e Alto do Rial en Castiñeiras: foron un total de 25 propostas, segundo o reconto efectuado na apertura das ofertas durante a mesa de contratación.

A intervención, como lembraremos, centrarase en remodelar o firme destas rúas, onde se atopan lousas de pedra e lastras moi deterioradas que ocasionan reiteradas obras de reparación por parte da brigada municipal de obras, razón pola cal se vai estender un novo pavimentado. A tal efecto, o firme actual será demolido, con aproveitamento das lousas de pedra en bo estado (que servirán para formar a nova pavimentación) e das lastras (adoquíns) existentes, que serán trasladadas ao almacén municipal. A superficie será pavimentada cunha capa de formigón de 15 milímetros de espesor na que se intercalarán franxas de lousas de granito de dimensións 60x40x8 centímetros.

O importe da actuación ascende a 47.6810 euros, IVE incluído e o prazo de execución son tres meses. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.