Os socialistas corroboran en Ribeira o seu “compromiso co mar”

03 Xullo 2020

Logo da súa visita a Noia, o cabeza de lista do PSdeG por A Coruña, Pablo Arangǘena, proseguiu pola costa do Barbanza o seu periplo electoral e fixo unha recalada en Ribeira, onde se reuniu cos militantes e debullou os principais desafíos sociais, económicos e medio ambientais do concello, poñendo o foco no mar e na necesidade de blindar o sector. De feito, aproveitou a súa visita a Ribeira para debater cos confrarías do concello, mostrándolles o seu compromiso coa pesca.

Arangüena mantivo este encontro xunto coa deputada no Congreso Pilar Cancela e o eurodeputado Nicolás González Casares.

O candidato socialista fixo fincapé “no grave problema de contaminación das rías galegas”, que cualificou de “atentado ecolóxico e económico”. Amais, debullou a proposta de goberno dos socialistas, que inclúe un plan integral de saneamento das rías e ríos de Galicia, que se insire na política “de rexeneración e posta en valor do patrimonio natural e a biodiversidade e na liña dunha nova economía verde e azul”.

Arangüena, xunto coa parlamentaria no Congreso Pilar Cancela e o eurodeputado Nicolás González Casares, salientaron “a defensa da pesca e da costa galegas tanto en Madrid coma en Bruxelas, como corresponde cun sector enormemente estratéxico para Galicia, que está infrautilizado porque o seu potencial vese mermado pola pasividade da Administración ante a contaminación”.

Outros artigos

Ribeira celebrou unha multitudinaria misa en honra de Santa Uxía

A veciñanza da cidade correspondeu coa súa multitudinaria presenza na misa na honra da Santa Uxía que ás 12 do mediodía de hoxe ocupou por completo o adro da igrexa e a praza da Porta do Sol nun recinto disposto con cadeiras para cumprir coa normativa anticovid. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...