
O Gonzabús, o vehículo da campaña de Gonzalo Caballero (PSdG-PSOE) nestas eleccións autonómicas do 12 de xullo, estivo hoxe en Boiro e en Ribeira, na praza de Galicia e na praza do Concello (respectivamente), dando a coñecer as principais propostas de goberno do partido e, tamén, as iniciativas concretas dos socialistas galegos para os dous concellos e a nosa comarca.
Dende o bus fíxose reparto de agasallos publicitarios e acompañáronse as actividades coa actuación dun grupo de artistas sobre zancos. Interveu Teresa Porrit, parlamentaria no Hórreo polo Barbanza.