Este sábado 18, novo punto de vendas de suadoiros dorneiros no Malecón

14 Xullo 2020

Para as persoas que non tiveron ocasión de facerse este 11 de xullo coa sudadera oficial da LXXII Sinjladura da Festa da Dorna, dicirlles que este vindeiro sábado, 18 de xullo, van ter unha nova oportunidade de vestirse coa prenda oficial desta edición da festividade tan particular, a edición COVID, que pasará á historia por non ter programa de actividades ao uso (a Cofradía tomou a decisión de cancelalas para non poñer en risco sanitario ás dorneiras e dorneiros).

O novo punto de venda de suadoiros (no que será obrigatorio manter a distancia de seguridade e usar máscara de protección) estará desta volta no espazo que ocupaba o palco de pedra no Malecón, a partir das 10.33 horas. Os prezos serán os seguintes: 18 euros para sosias e sosios e 21 para jodechinchos. Ao igual que no posto de distribución habilitado na praza de España este pasado sábado, no Malecón a Cofradía procederá a “desparasitar e sulfatar a contorna con asidobórico de Pepe de Adelino”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.