Este martes chega o circo urbano á Pobra da man da Compañía Mónica Paradela

20 Xullo 2020

O Cantón da Leña da Pobra do Caramiñal vaise converter nun gran circo urbano este martes 21 de xullo a partir das 20.30 horas, da man da Compañía Mónica Paradela e do seu espectáculo Monitoleando. Precisamente o obxectivo da agrupación é sacar das carpas de dos recintos tradicionais os elementos e actividades propias do circo (clown, acrobacias, números de lume, malabares, percusión, danza) para poñelos a pé de rúa, á altura dos ollos do público, que terá oportunidade de participar directamente na actuación.

En palabras da compañía, estamos ante un espectáculo para todos os públicos que mestura comedia, circo e danza e que dá como resultado “unha divertida procura do tesouro por medio de actividades nas que o público é fundamental para conseguir o obxectivo”.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A Concellería aproveita a ocasión para comunicar un cambio de datas, por causas alleas á organización: o espectáculo de Charo Pita, A Familia Papaventos, prevista para o xoves 30 de xullo, celebrarase finalmente o 11 de agosto.

Polo que respecta á actuación de Inventi Teatro, A gran viaxe, levarase a cabo o día 30 deste mes.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.