Contabilizadas trece ofertas para o proxecto de pavimentado e mellora da estrada que vai de Bretal a Reiriz, en Olveira

20 Xullo 2020

Rematado o prazo para a presentación de ofertas ao proxecto para o pavimento da estrada que vai de Bretal a Reiriz, na parroquia de Olveira (Ribeira), contabilizáronse finalmente trece ofertas. A actuación, segundo informa o Concello, consistirá no pavimentado que une os devanditos núcleos, sendo o obxectivo mellorar o firme actual da calzada, que é de aglomerado asfáltico e que nalgúns treitos ten signos claros de deterioro. Tamén se queren por a punto os sobreanchos, que son na súa maioría de terra.

Con tal motivo, estenderase unha nova capa de aglomerado asfáltico de seis centímetros de espesor empregando un total de 500 toneladas, previa limpeza das marxes, acondicionamento da superficie a pavimentar e dotación dunha base de xabre (zahorra) artificial.

Cun prazo de execución de dous meses, o seu orzamento ascende a 46.227 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.