Arrinca en Ribeira a instalación de seis pantallas smart que achegarán información municipal a pé de rúa

07 Xullo 2020

Comezaron en Ribeira os traballos para instalar media ducia de pantallas dixitais de gran formato noutros tantos recantos da cidade. Os dispositivos, que forman parte do novo Sistema de Cartelería Dixital de Ribeira, ofrecerán á cidadanía información municipal de interese, fomentando a participación, achegando datos locais actualizados e inmediatos e estreitando a distancia entre a veciñanza, por unha banda, e a actividade xerada polo Concello e as diversas entidades locais, pola outra.

Esta iniciativa, cuxo prezo de adxudicación ascende a 102.668,50 euros (IVE incluído), enmárcase dentro do programa EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) ao abeiro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese á liña de actuación deste plan denominada Modernización da Administración e Smart Village Ribeira.

A empresa adxudicataria que se está a encargar da realización dos traballos é Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L..

Dos seis paneis informativos que se van instalar, tres van en interior (na Casa Consistorial, no Mercado Municipal e no Polideportivo da Fieiteira) e tres en exterior (do Concello, da Sala Museo Municipal e da Oficinal Municipal de Turismo).

Trátase de dispositivos de información de alta resolución e gran formato, intelixentes e conectados online mediante un reprodutor multimedia de contidos, con capacidade para transmitir fotos, vídeos, arquivos PDF, audio, redes sociais, páxinas HTML, etc…

Segundo informa o Concello, “con este sistema preténdese dispoñer dunha canle de comunicación para transmitir todo tipo de información sobre actividades culturais, campañas, eventos, feiras, lugares de interese para visitar… Do mesmo xeito, quere servir como un soporte para emitir información emanada dos propios cidadáns, como por exemplo eventos de asociacións, etc”.

A posta en funcionamento comezará en breve, unha vez técnicos do municipio reciban formación para a xestión deste novo servizo de información cidadá.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.