Aberto até o 9 de xullo o prazo para inscribirnos nas actividades deportivas de Rianxo

07 Xullo 2020

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo ten aberto esta semana o prazo de inscrición para as as actividades deportivas municipais deste verán, un programa que, como era previsíbel, viuse modificado polas actual situación de risco sanitario, aplicando medidas que garantisen a seguridade das e dos participantes. Como novidade concreta, este ano aplicouse un número limitado de prazas para as actividades. Ademais, tampouco haberá sesións de iniciación deportiva. O prazo de inscrición remata o 9 de xullo.

A inscrición pode facerse na web do Concello (descargando a ficha para cumprimentar para logo presentala no Servizo de Deportes ou enviala por correo electrónico a deportes@concelloderianxo.gal) ou de maneira presencial na oficina do Servizo de Deportes. As actividades comezan o 13 de xullo e rematan o 28 de agosto.

As actividades son os seguintes:

· Escolas Deportivas: nenos/as nados/as no 2006 ao 2013 ambos incluídos, coa excepción de patinaxe que abranguería do 2006 ao 2015. Inclúense escolas de tenis, de patinaxe, de tecnificación multideportiva, de atletismo, de fitness infantil e de tríatlon.

· ​​​​​​Actividades Adultos: ​​​​​​​nados/as con anterioridade ao 2006. Inclúense escolas de multifitness, ximnasia para maiores e escolas de tenis.

· Actividades Clubs Deportivos. Abrangue piragüismo (Club Piragüismo Rianxo), remo (Club de Remo Rianxo) e xadrez (Club Xadrez Rianxo).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.