A Pobra asume o reto de situarse á cabeza de Galicia en sustentabilidade e respecto polo medio

17 Xullo 2020

O concello da Pobra está a coller impulso como municipio comprometido co medio ambiente e con mellor calidade de vida para as persoas, unha estratexia de sustentabilidade que se reforza coa súa participación activa no Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía (o maior movemento mundial contra o cambio climático), do que forma parte xunto con 216 concellos galegos máis. Coa súa adhesión, A Pobra asumiu o compromiso de “reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro nun 40% antes de 2030”, ao tempo que “se compromete coa posta en marcha de medidas para acelerar a descarbonización no municipio”, é dicir, o abandono progresivo do emprego de combustíbeis fósiles, que son, en boa medida, os principais causantes do quecemento da Terra.

A Comisión Europea puxo en marcha o devandito Pacto en 2008 co obxectivo de “involucra-las autoridades locais e a cidadanía no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea”.

A Xunta relanzou esta iniciativa a principios de 2019 e A Pobra é un dos concellos adheridos a ela dende ese ano.

Neste intre o Concello pobrense recoñece estar elaborando un Plan de acción para o clima e a enerxía sostible (PACES), plan que os municipios adheridos ó Pacto se comprometen a redactar nun prazo máximo de dous anos dende a data de adhesión. “O noso obxectivo”, sinala o equipo de Goberno local, “é situarnos á cabeza dos concellos galegos en materia de políticas de cambio climático, como un concello co firme compromiso ambiental de reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro, minimizar o seu impacto e contribuír deste xeito a mitigar os riscos e as consecuencias derivadas do quecemento global”.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.