A PARTICIPACIÓN NAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA ÁS 12 HORAS É DE MÁIS DO 19 POR CENTO. SEN INCIDENCIAS NAS MESAS

12 Xullo 2020

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, informou esta mañá de que, ás 12 horas, máis do 19 por cento dos electores galegos tiñan exercido xa o seu dereito ao voto. Nas eleccións de 2016, a participación a esta mesma hora era de ao redor do 15 por cento.
Na comparecencia, á que tamén asistiu a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, concretou os datos por provincias: na Coruña a porcentaxe é do 18,7 por cento (14,7 en 2016); en Lugo, do 18,1 por cento (15,20 en 2016); en Ourense, do 21,49 por cento (18,24 en 2016); e do 19,7 por cento en Pontevedra (14,21 en 2016).
Está prevista unha nova comparecencia ás 17,30 horas para dar conta do avance de participación da tarde.
Tal e como se avanzou esta mañá, a xornada electoral comezou sen incidencias salientables coa constitución do 100% das mesas electorais: 3.952 distribuídas en 2.395 locais electorais.
En total, o censo electoral nestas eleccións ao Parlamento galego elévase a 2.697.315 persoas xa que, aos 2,23 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumarlle os 463.163 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).
Para a recollida da información habilitouse un dispositivo do que forman parte 2.667 representantes da administración, que contan con dispositivos electrónicos para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.
Ademais, como novidade este ano, hai tamén ao redor de 3.900 representantes da Administración con funcións de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das medidas en materia de saúde pública. Estes persoal está formado, por unha parte, por aqueles representantes da administración que recollen os datos e que, ademais, se presentaron para realizar esta función de prevención sanitaria; e por voluntarios de
Protección Civil.
A cidadanía poderá ter acceso aos datos en tempo real na páxina web
https://resultados2020.xunta.gal e na aplicación móbil, onde se ofrecerán datos do escrutinio provisional a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concellos, así como datos de participación segundo se vaian recibindo.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.