​STOP Desafiuzamentos chama a mobilizarse na Coruña “contra as comisións abusivas de ABANCA” e as súas “prácticas inmorais”

A plataforma, ao fío das moitas convocatorias que se fixeron en toda Galicia para protestar contra lle entidade bancaria, anuncia que secunda estas chamadas á mobilización.

Para a organización, ABANCA actuou “sen ningún tipo de escrúpulos” realizando estas cobranzas “aos seus clientes, mesmo a aqueles que se atopan en situación de vulnerabilidade”.

Do mesmo xeito, STOP Desafiuzamentos sinala que isto vulnera “a Orde Ministerial EHA/2899/2011 de Transparencia e Protección do Cliente de Servizos Bancarios”, ademais doutras ordenanzas. Ademais de apoiar as protestas, a plataforma aproveita para “facer un chamamento ás administracións públicas competentes na materia para que se aplique ás entidades financeiras que, de forma sistemática, están a realizar este tipo de práctica abusivas, usureras e antimorales, un castigo exemplar da suficiente envergadura para que os disuada de volver realizalas”. “Lembremos que ABANCA, é unha entidade universal que a través das súas filiais e distintas canles de distribución ofrecen servizos financeiros a uns 4.2 millóns de clientes e que o ano pasado obtivo uns beneficios de 401.90 millóns de euros”, recalca a organización.