8 xuño: Un enfermo de COVID 19 no hospital do Barbanza. Por cuarto día non houbo vitimas mortais en Galicia

08 Xuño 2020

Seis pacientes están hospitalizados con coronavirus (cinco en hospitalización convencional- 4 ingresados no clínico e 1 no Barbanza). No CHUS está un paciente na UCI. Hai 1.633 pacientes curados e realizaronse 22.308 PCR .

En canto a Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 515 deles 113 son da área da Coruña, 30 da de Lugo, 43 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 193 da área de Vigo, 107 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 19 están en unidades de hospitalización e 495 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.252 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos. O número de PCR realizadas é de 151.390. Por cuarto día non se rexistraron vitimas mortais en Galicia

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.