Todos os concellos da comarca recibirán financiamento da Deputación para a limpeza dos areais

01 Xuño 2020

A Deputación da Coruña deu a coñecer este luns 1 de xuño a contía destinada a limpar os areais da provincia: 900.00 euros. As accións de posta a punto levaranse a cabo en 40 concellos, incluídos todos os de Barbanza, e achegarán cobertura para a contratación do persoal das brigadas e para a adquisición de material, vestiario e combustíbel. Segundo informa a entidade provincial, o programa, unido á contratación de socorristas, suporá a creación de 300 empresas na provincia durante a época estival.

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos na época estival. A cantidade asignada para o concello de Boiro será de 26.274,37 euros, a de Ribeira de 28.517,31 euros, a de Pobra de 24.031,44 euros, a de Noia de 20.480,44 euros, a de Rianxo de 22.749,76 euros, e a de Porto do Son de 30.439,82 euros.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.