O TSXG confirma a prisión permanente revisábel para o autor do asasinato de Diana Quer

19 Xuño 2020

A Sala do Civil e Penal do TSXG vén de desestimar o recurso interposto contra a sentenza que, de acordo co veredicto do xurado, condenou ao autor da morte de Diana Quer, o rianxeiro José Enrique Abuín Gey, á pena de prisión permanente revisábel e a dez anos de liberdade vixiada polo asasinato da moza madrileña.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia subliña na sentenza que “non existe dúbida algunha” da realidade duns feitos que foron “debidamente acreditados” na sentenza de primeira instancia da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago,

O TSXG sostén que na sentenza que “non existen datos obxectivos” que indiquen, “tal e como alega a parte recorrente”, que o xurado se comportase “de maneira allea ás esixencias de imparcialidade” ou de que non basease a súa decisión “sobre as premisas que deriven, exclusivamente, daquilo que aconteceu no plenario”.

En canto ás alegacións sobre a falta de rigor e obxectividade dos médicos forenses, dos axentes da Garda Civil e dos peritos informáticos, o Superior sinala que “o que realmente está a cuestionar a parte recorrente non é outra cousa que a valoración da proba efectuada polo tribunal”. Ademais, sobre o ilícito das dilixencias policiais ás que fai referencia a parte recorrente, o TSXG lembra que “esas cuestións previas xa foron formuladas pola defensa e resoltas polo maxistrado presidente nun auto que non foi recorrido”.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.