O PSOE de Ribeira pide mellorar a seguridade viaria en Parte ao Río, en Carreira

18 Xuño 2020

Vehículos aparcados e circulación de dobre sentido nunha rúa de Carreira

O PSdG-PSOE de Ribeira achegou este xoves 18 unha nova petición para ser debatida en pleno relativa á parroquia de Carreira e á situación do lugar de Parte ao Río e a súa contorna, que, segundo reflicten os socialistas facéndose eco das demandas da veciñanza, presentan problemas de fluidez de tráfico rodado.

Segundo fai saber o grupo que coordina José Vilas, a Parte ao Río non conta con beirarrúas e dispón de cunetas estreitas a ambos lados da calzada, malia ser de sentido duplo de circulación. Tamén recordan que o viario está condicionado polas vivendas construídas nas súas beiras, e máis os muros de peche, que delimitan e condicionan o camiño veciñal.

Tamén fan saber que “a zona sofre os problemas comúns ás zonas urbanas, conxestión do tráfico rodado, contaminación, problemas de estacionamento, diminución de produtividade, ruído e inseguridade viaria, entre outros”.

Os socialistas instan ao Goberno ribeirense a poñer en práctica medidas que moderen o tráfico, que reduzan a velocidade, que melloren a seguridade viaria, e que se permitan a mobilidade e a seguridade dos viandantes.

Tamén requiren que se “proceda a realizar un estudo de viabilidade por parte do organismo correspondente sobre a conveniencia do sentido único de circulación na vía pública, con entrada dende Vixán (na ponte) a Samartán (A Pelibra) por Parte ao Río, co obxectivo de facilitar e mellorar a mobilidade, a accesibilidade rodada e peonil no lugar, “coherente coa planificación urbana da cidade”. Outra das demandas dos socialistas consiste en canalizar as cunetas, “co fin de conseguir máis amplitude na calzada”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.