O IES Félix Muriel de Rianxo e o CIFP de Coroso (Ribeira), recoñecidos pola súa innovación

10 Xuño 2020

As nosas aulas son, cada vez máis, laboratorios-obradoiros de experimentación, con importantes colleitas anuais de contribucións innovadoras desenvolvidas pola comunidade de estudantes. Recoñecer estes importantes esforzos é o obxectivo dos premios aos proxectos de innovación tecnolóxica, científica e didáctica no ámbito da Formación Profesional que convoca a Consellería de Educación, que vén de dar a coñecer a resolución da nova convocatoria. En total, distínguese o traballo de 30 centros da nosa terra.

Inclúense na listaxe contribucións moi envorcadas no uso dos móbiles, como a do IES Félix Muriel de Rianxo, pola aplicación DiversidApp (unha ferramenta móbil de xestión doméstica e promoción da autonomía persoal para usuarios con diversidade funcional), ou a do CIFP Politécnico de Lugo, que achegou o proxecto Industria 4.0, unha app da Realidade Aumentada para o mantemento industrial. Tamén destaca o proxecto divulgador do CIFP de Coroso, en Ribeira, que contribuíu co deseño dun modelo a escala de unidade de tratamento de Ar (UTA) de baixo custo.

O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica de 800.000 euros, é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.