O Concello da Pobra lembra á cidadanía que os contedores de roupa verdes están temporalmente inactivos

02 Xuño 2020

O Concello da Pobra vén de despexar dúbidas sobre o uso dos contedores de roupa durante estes tempos de desescalada, clarificando conceptos sobre que tipo de acubillos seguen operativos e cales non. Segundo informa, durante este tempo de crise sanitaria e até novo aviso, os contedores da organización Humana (os contedores verdes) estarán fóra de servizo, polo que non poden ser usados pola cidadanía.

O Concello lembra que o servizo de recollida deste material na Pobra está repartido entre tres entidades: Texlimca, con contedores situados no centro urbano (azuis), Humana (contedores verdes) e Cáritas (contedores vermellos), que os sitúan na periferia do centro urbano e na zona rural. Destes, os que si que continúan operativos son os recipientes de Cáritas (vermellos) e da Texlimca (azuis).

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.