Novo premio para as especialistas en escaneado 3D do IES da Pobra do Caramiñal

23 Xuño 2020

O IES da Pobra vén de obter un novo e importante recoñecemento no campionato internacional de escaneado 3D de precisión con dispositivos móbiles, convocado polo grupo de investigación CIGEO da Universidade de Santiago: a liga D3Mobile Metrology World League. Estamos a falar do premio ao mellor equipo de mozos metrólogos galegos, outorgado pola Xunta de Galicia, que foi parar, por terceiro ano consecutivo, ao IES da Pobra do Caramiñal.

Así, o equipo coordinado pola profesora Margarita Saborido Ojea e formado polos alumnos Iris Moledo Muñiz, Noelia Linares Boo e Pablo Pérez Noceda, acadaron este galardón logo de escanear unha lata de conservas.

A liga D3Mobile Metrology World League é o campionato científico de escaneado 3D convocado polo grupo de investigación CIGEO da Universidade de Santiago, que conta con financiamento da Xunta, a Deputación e o Concello de Lugo, a Sociedade Internacional de Fotogrametría e Teledetección e a Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra da USC Biorrecursos: Desenvolvemento e Produción Sustentable (BioReDes).

Outros artigos

Mércores 9, volve o sol e suben as temperaturas

O regreso do anticiclón deixará ceos despexados e máximas en ascenso nas Rías Baixas e en Santiago este mércores A influencia das altas presións volta a instalarse sobre Galicia este mércores cunha marcada circulación de ventos do nordés, un escenario que garantirá...

+

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

+

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.