Mañá abre o prazo de solicitude para o uso de residencias xuvenís como espazo de actividades de ocio e tempo libre

29 Xuño 2020

Mañá abre o prazo de solicitude para o uso de residencias xuvenís como espazo de actividades de ocio e tempo libre. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de convocatoria que permite que asociacións xuvenís, consellos locais de xuventude ou grupos de persoas mozas non asociadas a actividades de tempo libre sen ánimo de lucro realicen programas de actividades de 30 prazas con quendas en estadías dun máximo de cinco días .

Trátase dunha iniciativa pioneira que ten como obxectivo dotar de medios e instalacións ás mozas e mozos para poñer en marcha proxectos de educación non formal con todas as garantías de prevención e hixiene; unha necesidade que se pode ser aínda máis complexa na situación actual derivada polo impacto social da covid-19. As instalacións que se poñen á disposición da mocidade son o albergue xuvenil Lug I, en Lugo, e a residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, en Ourense. O prazo de solicitude será de sete días hábiles a partir de mañá e o número total de prazas será de 360, 30 por quenda.

As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude, as escolas de tempo libre e demais entidades terán que presentar a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal. No caso de grupos de persoas mozas non asociadas poderán presentar a solicitude preferiblemente por vía electrónica e, opcionalmente, de xeito presencial en calquera dos rexistros da Administración autonómica.

Adxudicación de prazas

Para a adxudicación do uso das instalacións establécese como grupo preferente as asociacións xuvenís ou outras entidades inscritas no rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que realicen actividades para un maior número de prazas e por un maior número de días, sempre dentro do tope máximo fixado para cada instalación. Seguidamente, os consellos locais e municipais de xuventude galegos, en terceiro lugar os grupos de persoas mozas non asociadas para realización de actividades para un mínimo de 15 persoas e por último as entidades públicas ou privadas que soliciten con fins asistenciais.

Group of people jumping


 

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

Estos últimos días las visitas al hospital fueron frecuentes para acompañara un buen amigo que se encuentra viviendo unos difíciles momentos por sudelicado estado de salud. Esta circunstancia me abrió un poco más los ojos ala realidad del sufrimiento, el dolor, el...

“Mellor é falar”. Luís Celeiro

“Mellor é falar”. Luís Celeiro

Moitos dos lectores lembran como era aquelo de chamar por teléfono aos parentes deMadrid ou de Barcelona, ao noivo de Lleida ou de Cádiz, ao veciño emigrante en Suíza ou encalquera lugar industrial de Alemaña. Moitos aínda se acordan hoxe daquel teléfonoparroquial que...