CONGALSA adhírese á campaña EActíVate

17 Xuño 2020

A empresa CONGALSA continúa na desescalada comprometida coa sociedade e co avance empresarial, unha vertente solidaria que se remonta á pandemia e que moito antes xa formaba parte do ADN da firma pobrense de produtos do mar. Este espírito reflectiuse no apoio de CONGALSA á campaña #EstoNoTieneQueParar, que agrupaba a máis de 3.000 empresas, autónomos e traballadores dos máis diversos sectores produtivos, e volve reflectirse agora coa participación da firma alimentaria na iniciativa #EactíVate, que dá continuidade á devandita campaña, e que se dirixe a retomar o pulso cotián empresarial mediante a innovación e a colaboración dos distintos axentes implicados.

Segundo informa CONGALSA, #EActívate inclúe información útil para os distintos axentes empresariais, falando, por unha banda, de casos de empresas que volveron á actividade, e achegando, pola outra, consellos útiles para a reivención. A maiores, sinala a empresa da Pobra, “é un bo escaparate para promover a actividade dunha compañía entre outros profesionais”.

Co apoio a estas iniciativas, CONGALSA reafirma a súa arela de mellorar día a día, “achegando produtos alimenticios de calidade”, e mantendo “a actividade grazas ao esforzo de todos os empregados de CONGALSA, dando novos pasos na nosa política de innovación e expansión”.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.