Barbantia, Laiovento e Rianxo renden homenaxe ás mulleres silenciadas coa presentación de Irmandiñas, de Aurora Marco

17 Xuño 2020

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle este venres 19, ás 20.30 horas, a presentación do libro Irmandiñas de Aurora Marco, publicado pola editorial Laiovento. O acto, organizado pola Asociación Barbantia, Laiovento e o Concello, estaba previsto para o mes de marzo na mesma localidade e no mesmo emprazamento, pero tivo que ser adiado por mor da pandemia e o Estado de Alarma, unha situación ante a cal os Concellos non queren baixar a garda, de aí que o de Rianxo reducise, ante a presentación do libro e outras actividades culturais vindeiras, a capacidade da sala e establecese a necesidade de reservar localidades. Deberá facerse a través de auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 183 217 (de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas).

O acto de presentación contará coa presenza da autora e tamén do alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, a profesora e membro de Barbantia Encarna Pego, e o historiador local e membro de Barbantia Xesús Santos.

Polo que respecta ao libro Irmandiñas, é unha reivindicación do labor de loita social, cultural e política despregado polas mulleres galegas na primeira metade do século XX, un labor silenciado pendente de recuperación e recoñecemento. A obra da escritora e investigadora Aurora Marco (Noguera de Albarracín, Teruel, 1948) é como dixemos unha importante contribución para devolver á luz o legado de mulleres galegas sobranceiras, como por exemplo Ermitas López Verdes, compañeira de Lois Peña Novo, primeiro concelleiro nacionalista e membro significado das Irmandades da Fala e da que, até hai ben pouco, pouco se sabía dela.

O labor de investigación da autora (que lle levou catro anos de intenso traballo) levouna a coñecer as importantes contribucións vitais, culturais e sociais de grandes loitadoras como Concepción González Varela e Adela Martínez, ou as rianxeiras Juana Muñiz e Carmen Sende, as dúas de Asados. Ás devanditas cómpre sumar (entre outras moitas) os nomes de Amalia Álvarez Gallego, da Sociedade Polifónica de Pontevedra, viúva de Alexandre Bóveda; ou Elvira Bao, que estivo en Santiago, nos tempos históricos das Irmandades, dando un mitin a carón de Villar Ponte, en igualdade de condicións (e, malia todo, só o nome del acabou figurando nas informacións elaboradas polos medios da época, o dela nunca); ou Celia Bouzas e Mercedes do Campo, precursoras do galeguismo e do feminismo, avanzadas ao seu tempo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A Fodona, peixeira de toda a vida”. Antón Luaces

“A Fodona, peixeira de toda a vida”. Antón Luaces

Sempre de pé, sempre con voz de soprano fumadora invitando aos visitantes da praza do peixe e a "vacía" chea. Manola "A Fodina", filla de Agustin "O Fodón", levaba anos vendendo as capturas de seu pai aló por Guidoiros. A súa dorna pintaba en negro e vermello. Ía solo...

“El valor de tu voto”- Manuel Dominguez III

“El valor de tu voto”- Manuel Dominguez III

Hola me llamo Belarmino, permíteme presentarme. Soy diputado gracias a tu voto, sé que votaste por el partido no por mí, ya que no me conoces, te diré: estaba en paro, trabaje de vendedor, puerta a puerta, de albañil, de camarero, es decir mil oficios, pero gracias a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.