A concesionaria Viaqua vai proceder á renovación da liña de abastecemento situada no entorno de Insuela, en Palmeira, servizo que nas últimas semanas estivo a rexistrar de forma reiterada fugas de augas.
Neste senso, segundo informa o Concello de Ribeira, a empresa substituirá á tubaxe actual por outra nova cunha lonxitude de 300 metros, de acordo coas medicións efectuadas por operarios da firma no día de onte xoves. A instalación será de polietileno de alta densidade e terá 125 milímetros de diámetro. A obra incluirá 16 acometidas e 20 arquetas de rexistro
XESTUR di que a finais de ano poderían estar licitadas as obras de construción do novo polígono de Ribeira
O xerente da sociedade Xestión de Solo de Galicia - XESTUR, Diego Toja, afirmou hoxe que a Xunta está "a acelerar os traballos para que a finais de ano poidan estar licitadas as obras de construción do novo polígono de Ribeira (A Coruña) que permitirá atender a...




