A Xunta contribuirá con 175.000 euros ao desenvolvemento de oito proxectos de mellora turística na nosa comarca

22 Xuño 2020

A contorna de Barraña, en Boiro, é unha das áreas que se vai mellorar

O Goberno galego vén de notificar a un total de 8 concellos, mancomunidades e consorcios da nosa comarca a súa inclusión nas axudas para proxectos de mellora de infraestruturas turísticas. A contía total destes apoios dirixidos a pór en valor a nosa destacada riqueza, cultural, patrimonial e paisaxística é de 175.000 euros. Inclúense dúas iniciativas en Boiro, unha en Outes, unha en Muros, unha en Carnota, unha en Noia, unha no Son e outra en Ribeira.

Sufragaranse, entre outras, accións de engalanamento dos accesos e bens declarados de interese cultural, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos ou recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional entre outras.

O obxectivo xeral desta liña de subvencións é “seguir impulsando Galicia como un destino fiábel e de calidade”.

No conxunto da provincia da Coruña notificouse a 53 concellos que son beneficiarios destas axudas cun orzamento que supera os 1,1 millón de euros.

Estes son os proxectos subvencionados da nosa área xeográfica:

· Adecuación de espazo destinado ao estacionamento de vehículos na praia de Barraña (Boiro)

23.526,57 €

· Sinalización destino Arousa Norte e panelización do percorrido terrestre que acompaña á Ruta Xacobea Mar de Arousa-Río Ulla (Boiro)

6.606,60 €

· Subministros para embelecemento e sinalización dos recursos turísticos de Carnota (Carnota)

30.000,00 €

· Mellora da accesibilidade á praia de Ventín, Abelleira (Muros)

25.717,27 €

· Substitución do sistema de alumeado público ornamental na igrexa de San Martiño de Noia (Noia)

11.231,22 €

· Sinalización turística dos recursos naturais e patrimoniais vinculados a rutas existentes no concello de Outes (Serra de Outes)

25.325,30 €

· Aseos adaptados e servizo de socorrismo na Praia de Ornanda (Porto do Son)

22.711,34 €

· Mellora da accesibilidade ao miradoiro da Pedra da Ra (Ribeira)

30.000,00 €

Outros artigos

Exposición de modelismo naval no Liceo Marítimo de Ribeira

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou esta fin de semana a exposición de modelismo naval que se pode ver no Liceo Marítimo de Ribeira, unha mostra que reúne pezas únicas e de gran valor artesanal vinculadas á tradición mariñeira da...

+

“No punto de mira”. Luís Celeiro

Entre eles mordíanse en silencio e mancábanse canto podían, como se fosen inimigos que seodiaban, dentro da mesma casta, pero querían aparentar o contrario, como se fosen amigosda alma ou irmáns, como se navegaran na mesma barca e o caladoiro fose só deles ou, entodo...

+

Rianxo celebra este domingo 22 as Festas do Santísimo Sacramento

A Asociación de Veciños do Santísimo Sacramento de Rianxo preparou para o vindeiro domingo 22 de xuño unha intensa programación festiva que rematará cunha verbena na praza de Castelao. Ademais, residentes e visitantes poderán desfrutar das tradicionais alfombras...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.