A Real Academia Galega de Belas Artes prorroga o Día das Artes Galegas ao 2021 para non deslucir a homenaxe de Domingo de Andrade

02 Xuño 2020

A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu prorrogar ao 2021 as celebracións que ían ter lugar este ano con motivo do Día das Artes Galegas, dedicado nesta edición ao arquitecto ceense Domingo de Andrade, actividades que teñen como obxecto o estudo, a difusión e a posta en valor de canto significa a vida e a obra deste representativo arquitecto do barroco galego. 

Ante a situación creada pola pandemia do COVID-19, a xunta de goberno da Academia reuniuse onte luns para tomar a decisión de aprazar a celebración do Día das Artes Galegas pola imposibilidade de seguir co seu programa de actividades e actos de celebración. O presidente, Manuel Quintana Martelo, destaca que, dada a importancia da figura de Domingo de Andrade nos ámbitos internacional e galego do Barroco, e co fin de non deslucir a súa homenaxe e poder desenvolver toda a programación de maneira correcta, a Academia acordou esta resolución. Ademais, o feito de ter xa aprazado o acto central de homenaxe do día 1 de abril, e previndo as enormes dificultades para a elección dun novo homenaxeado en 2021, animaron á Academia a prorrogar un ano máis a Domingo de Andrade.

O presidente anuncia que o 12 de novembro, data que coincide co aniversario da morte de Andrade, a Real Academia Galega de Belas Artes celebrará un acto na Catedral de Santiago para lembrar a súa figura e o esplendor da súa obra. Tamén entre o 16 e 19 de  novembro, celebraranse diversos actos en Cee, organizados polo Concello aos que asistirá representación da Real Academia Galega de Belas Artes, e que estaban previstos con anterioridade.

“A extraordinaria anomalía deste momento púxonos na circunstancia de tomar as decisións que consideramos máis axeitadas para que ningunha daquelas figuras que esta Academia decida en pleno tomar como homenaxeada perda a dignidade da súa celebración, onde os seus distintos actos poidan dar fiel reflexo da importancia histórica da súa obra” –explica Quintana Martelo–.

Día das Artes Galegas 2021

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.