A cidadanía galega fixo 478.000 trámites en liña coa Xunta durante o Estado de Alarma

22 Xuño 2020

O Goberno galego vén de facer balance da actividade online das galegas en galegos en materia de trámites e comunicación coa Administración autonómica durante o Estado de Alarma (unha ducia de semanas nas que, como lembraremos, as canles electrónicas foron as únicas vías de interrelación coa cidadanía). Segundo se fai saber no reconto, as galegas e os galegos realizaron máis de 478.000 xestións online coa Xunta, máis do dobre que no mesmo período de 2019.

Entre os elementos clave que fixeron posíbel este fito atópanse a sede electrónica e as oficinas virtuais.

Polo que respecta aos trámites de meirande incidencia, incluíron a presentación de ERTE, a presentación de escritos ou a solicitude de axudas para libros de texto ou o recoñecemento á dependencia.

Medidas concretas para afrontar o reto

Unha das primeiras medidas foi a activación das conexións remotas para poder traballar a distancia e que permitiu, segundo informou o Goberno galego, “que máis de 11.000 empregados públicos da Administración xeral autonómica puideran desenvolver a súa actividade desde o fogar”. Así, engade, “só nos primeiros quince días do estado de alarma a Xunta multiplicou por dez o número destas conexións ao escritorio remoto, que permiten, tamén, o acceso as plataformas de tramitación electrónica de expedientes coas que conta Administración autonómica”.

Vídeo-conferencias, sinatura electrónica

Ademais das plataformas existentes, para facilitar o traballo non presencial a Xunta puxo a disposición dos empregados públicos outros servizos dixitais como o de vídeo-conferencia, que permitiu preto de 370.000 comunicacións tanto no ámbito da Administración xeral autonómica, como no de xustiza e de educación, que aglutinou a maioría das comunicacións.

Polo que se refire ás plataformas para a sinatura dixital, estas “permitiron a rúbrica electrónica de máis 1,4 millóns de documentos e o volume de correos electrónicos superou os 59 millóns de envíos”, informou a Xunta, engadindo que “dende a Administración autonómica enviáronse preto de 190.000 notificacións electrónicas durante o Estado de Alarma”.

Outros artigos

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.