Sanidade suma un morto ao cálculo global de falecidos por Covid-19 en España: 27.118

27 Maio 2020

A cifra oficial está aínda moi lonxe da que achegan os rexistros civís: 43.034 mortos máis do normal entre o 13 de marzo e o 22 de maio.

Sanidade actualizou os datos da incidencia do coronavirus en España ao 27 de maio.

A cifra de falecidos no últimos sete días por Covid en España é de 39. O número global de mortos é 27.118.

Co novo axuste de cifras do Ministerio de Sanidade, suma só un falecido máis respecto ao día anterior. A cifra de novos diagnosticados durante o último día por PCR é 231. O día anterior os diagnosticados foron 194. O número total de diagnosticados desde que empezou a crise é de 236.769.

Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 823, deles 205 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 107 da de Ourense, 38 da de Pontevedra, 254 da área de Vigo, 143 da de Santiago, e 22 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 49 están en unidades de hospitalización e 769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.798 persoas curadas. A morte dun home de 72 anos na área sanitaria de Vigo elevou a 615 os falecementos. O número de PCR realizadas é de 137.544.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.