Regresan, con medidas de seguridade para usuarios e persoal, as bibliotecas da nosa comarca

14 Maio 2020

As bibliotecas municipais da nosa comarca abren esta semana as súas portas, aínda que coas limitacións propias dos tempos que estamos a vivir e con determinadas medidas destinadas a garantir a seguridade dos usuarios e do persoal. Polo que respecta á Biblioteca de Boiro, anunciou a súa apertura para este mércores, co fin de reactivar o seu servizo de préstamos aínda que en horario reducido. Esta mesma semana tamén abría a de Ribeira (de 9 a 14.00 horas de luns a venres), tamén con horario limitado e só para o préstamo e a devolución de de libros, con cita previa (a través do 981 835 650 e o correo ribeira.rbgalicia@eidolocal.es).

Tamén incrementaron a súa actividade as bibliotecas de Rianxo e A Pobra do Caramiñal, que xa viña sendo moi intensa durante as semanas da pandemia (achegando contos para nenas e nenos, recomendacións de lectura, recursos, guías e recordatorios de en que portas petar para que as lectoras e lectores confinadas/os puidesen seguir tendo acceso a novas obras online). A de Rianxo acompañou de máis contos virtuais a “desexada re-apertura”, esta semana, e a da Pobra fixo coincidir o regreso (este xoves 14, con servizos de préstamo baixo as consabidas medidas de seguridade) cunha achega importante de recursos para conmemorar o Día das Letras Galegas (este domingo 17 de maio, adicado a Ricardo Carvalho Calero), ao igual que o resto das bibliotecas dos nosos concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.