Prosegue en Rianxo o reparto de máscaras en todas as parroquias

07 Maio 2020

Esta semana prosegue nas parroquias de Rianxo o reparto de máscaras de protección contra a COVID-19 impulsada polo Concello e levada a cabo por Protección Civil e a Policía Local. A previsión é distribuír 10.000 elementos de protección nas vivendas do termo municipal, porta a porta.

Segundo fixeron saber os axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil, este martes 5 de maio foi unha intensa xornada de traballo, co reparto dun milleiro de máscaras nos domicilios de varios puntos do concello. O labor de subministro proseguirá ao longo destes días para chegar a todas as vivendas do concello de Rianxo e aos establecementos comerciais que están abertos ao público.

Esta distribución súmase á realizada a mediados de abril, cando se fixo chegar ás cinco farmacias radicadas no municipio 1.250 máscaras para a súa entrega, preferentemente, aos veciños de máis de 60 anos, por tratarse dun colectivo máis vulnerábel.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.