O Festival Virtual do Libro de Galicia prepara unha primeira edición chea de sorpresas

29 Maio 2020

A cultura ábrese camiño na adversidade, argallando novos xeitos de facer promoción, irmandade, comunicación e fronte común arredor dos libros. Se algo nos demostrou a pandemia, foi a nosa importante capacidade para buscar no ámbito virtual xeitos de revivir e, tamén, de resistir. Desta premisa xorde o Festival Virtual do Libro de Galicia, cuxa primeira edición nace coa intención de que “o libro e a literatura do país non fiquen parados polas circunstancias que vive o mundo”.

O FLIV, malia xurdir “como resultado dun momento moi concreto”, ten a vocación de perdurar nos vindeiros anos. A primeira convocatoria celebrarase de maneira virtual entre os días 26 e 28 de xuño e mañá, 30 de maio, abrirá o seu portal web (www.fliv.gal) que será o punto de encontro deste novo festival literario.

O FLIV é un “punto de encontro virtual” segundo explica unha das súas organizadoras, a escritora Anna R. Figueredo, engadindo que se trata “dun tipo de festival no que se encontrará todo tipo de literatura “desde a BD ata a tradución”. Nace tamén para ser un enclave diverso, dando acubillo a todos os contidos e xéneros posíbeis, “atendendo tamén ás circunstancias propias do ano 2020”. Por esta razón, Ricardo Carvalho Calero e Concepción Arenal terán especial cabida no evento online.

Terá apartados para a literatura e as peregrinacións e fará un repaso por todos os xéneros literarios: novela, ensaio, poesía, teatro e literatura infantil e xuvenil, sen descontar o cómic ou a presenza doutras literaturas na literatura galega por medio da tradución.

No soportal do FLIV desenvolveranse distintas actividades relacionadas co libro: presentacións, debates, clubs de lectura e tamén encontros entre autores coa vantaxe, segundo explican os organizadores, de que “estes contidos permanecerán na web e seguirán sendo accesíbeis unha vez pasadas as datas do festival”.

A proposta, organizada pola escritora e xestora cultural Anna R. Figueiredo, o espazo web Fervenzas Literarias e a empresa Datalib, conta asemade co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Nos vindeiros días anunciarase a programación completa para a súa celebración entre os días 26 e 28 de xuño de 2020, unha programación na que “estarán presentes as principais figuras literarias do país e na que tamén participarán os axentes arredor do libro, as bibliotecas e librerías e os colectivos que se moven en Galicia arredor da literatura”, explican dende a organización.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.