Un xove evacuado en helicóptero medicalizado despois de resultar ferido tras tirarse ao mar na Pobra

25 Maio 2020

Na tarde de hoxe un home foi evacuado a bordo da aeronave medicalizada con base en Santiago tras sufrir unha lesión despois de tirarse ao mar. Os feitos tiveron lugar ás 16:45 horas no concello coruñés da Pobra do Caramiñal. A esa hora, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia medica urxente para un compañeiro que sufrira unha caída ao tratar de lanzarse á auga na zona entre a Praia de Cabio e os areais, na cala de Niñeiriños. Segundo a información facilitada polo alertante aos xestores do 112, despois de caer ao mar, o home quedou inmóbil provocando a preocupación dos seus acompañantes que, ao darse conta do incidente, acudiron a rescatalo. Unha vez fose da auga, os seus compañeiros fixáronse en que non podía mover as pernas e trataron de pedir axuda a través dunha chamada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE) 112 Galicia. Nada máis ter constancia dos feitos, desde o CIAE solicitouse a intervención dos servizos sanitarios que mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado. Para prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.

Cabio A Pobra esta tarde . Foto R.S

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.