Montescola e as Brigadas Deseucaliptizadoras celebran as Letras con 110 carballos en Froxán, Lousame

18 Maio 2020

Malia as complexidades destas datas, as nosas entidades e organizacións, velando polo cumprimento da seguridade sanitaria, argallaron un completo programa de actividades arredor das Letras Galegas e Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano. Algunhas das accións desenvolvidas na nosa comarca, como por exemplo a plantación masiva de carballos en Lousame, tiveron o valor de transcender o literario, o cultural e o lingüístico, converténdose en mensaxes de loita polas Letras e pola Terra, dous ámbitos tan estreitamente relacionados.

A iniciativa veu da man da Fundação Montescola e as Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, con centro de operacións principal en Froxam (Lousame) pero cunha incidencia cada vez maior noutros puntos da xeografía galega.

As dúas entidades sinalan que dende que se soubo a identidade do autor homenaxeado nesta edición do 17 de maio, o ferrolán Ricardo Carvalho Calero, “tivemos claro que o nosso contributo tomaria a forma de plantações da árvore pola que é conhecido o homenageado: o carvalho”. Como resultado, e á espera da “plantação simultânea em lugares de todo o país adiada para o outono”, Montescola e Verdegaia non quixeron deixar pasar a oportunidade de plantar máis árbores autóctonas galegas en Froxán: “un total de 110 carvalhos, um por cado ano desde o nascimento do homenageado”. Para isto escolleron a “Área Conservada pola Comunidade Vizinhal de Frojám (Lousame), reconhecida pola ONU e berço das próprias Brigadas deseucaliptizadoras”.

A plantación realizouse este domingo 17 ao mediodía da man de veciñas, veciños, comuneiras e comuneiros do locais, e foi acompañada da lectura de textos de Carvalho Calero.

Outros artigos

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

+

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.