Feijóo anuncia unha homenaxe aos falecidos e as súas familias o próximo 13 de xuño

29 Maio 2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou que, de acordo cos loitos oficiais decretados pola pandemia tanto en Galicia como en España, na Comunidade galega finalizará este período luctuoso formal o 6 de xuño, e a previsión do Goberno autonómico é organizar para o sábado 13 de xuño un acto de homenaxe aos falecidos e as súas familias.

«Tentaremos que o pobo galego poida expresar os seus respectos e manifestar a súa dor a todas as familias que perderon a un ser querido», sentenciou Feijóo, quen lembrou, como é habitual, ás vítimas, no arranque da rolda de prensa reunión semanal do seu Executivo. Así mesmo, repasou os datos e subliñou que a media de casos diarios de contaxio na última semana é de seis, polo que a evolución é positiva. «A patoloxía COVID está a ser residual tanto nos hospitais como nas UCI», aseverou, tras incidir no descenso dos enfermos e das camas ocupadas tanto en planta como en coidados intensivos.

«O que ocorra a partir de agora depende de nós, da nosa actitude individual e colectiva en postos de traballo, casas e rúas», advertiu o xefe do Executivo autonómico, quen resaltou que «a vacina da distancia física» é a «única medida efectiva». «Se actuamos con responsabilidade, podemos lograr condicións de maior seguridade», dixo.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.