Contradición de datos: o rexistro de mortes dispárase con 12.000 falecidos máis e chegaría ós 43.034 decesos

27 Maio 2020

Os informes que vixían o exceso da mortalidade en España, o denominado MoMo (Sistema de Monitoraxe da Mortalidade) disparouse nas últimas 24 horas. O sistema, dependente do Instituto de Saúde Carlos III, detectou 12.205 novas mortes, o que aumentou a cifra total de falecidos entre o período do 13 de marzo e o 22 de maio a 43.034 decesos, coincidindo este aumento coa crise do coronavirus Covid-19. Isto significa que segundo os últimos datos facilitados por este organismo, o número de falecidos no noso país en 24 horas aumentaría de golpe desde as 30.829 que mostraba o 25 de maio (para o período que vai desde o 13 de marzo ata o de agora) ata as 43.024 do documento feito público este mércores, o que supón un incremento de 12.205 mortos nun só día. Un aumento que se contradi coa revisión de datos publicados esta semana polo propio ministerio na que desapareceron 2.000 mortos. O exceso observado equivale a un 55 por cento máis de falecementos neste tempo sobre os que estaban previstos para a mesma data. Entre os menores de 65 anos, o exceso de mortalidade elevouse dun día para outro de 1.064 a 2.160: o que supón un 20 por cento máis do habitual. Así, o 95 por cento do exceso de mortes rexistrado durante este tempo corresponde aos maiores de 65 anos. A gran maioría dos novos falecementos rexistrados corresponden a Cataluña, onde ata o 21 de maio esa comunidade rexistraba un exceso de mortalidade de 4.317 persoas; mentres que agora esa rexión reflicte un total de 11.483 mortes, o que son 7.166 persoas máis no total. Séguelle a Comunidad de Madrid, que pasa de contar 11.903 persoas no seu exceso de falecementos a 13.962, 2.059 máis. A terceira é Castela-A Mancha, 4.439 a 5.197, 758 máis.

Defuncions observadas (negro) e defuncions estimadas (azul), cun intervalo de confianza o 99% (banda azul). Fonte redacción médica

O exceso de mortalidade é o número de falecementos por calquera causa (non só por Covid-19) comparado coa media de anos anteriores. Baséase nos datos dos rexistros civís, recollidos polo Centro Nacional de Epidemiología do Instituto de Saúde Carlos III na súa web, a través do Ministerio de Xustiza. Neste caso compáranse os falecementos diarios coa media desde 2008.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.