A suba do paro en abril foi do 13 % no Barbanza

06 Maio 2020

O número de desempregados na comarca supera os 4.000 no Barbanza e un 22 % máis que hai un ano. Os datos do desemprego non fixeron senón confirmar unha realidade que xa todos esperabamos. Que a crise sanitaria provocada polo coronavirus levouse por diante, en mes e medio, a boa evolución que o mercado de traballo rexistraba nos últimos meses,se non anos, nas nosas comarcas. E é que se terribles son os datos de incremento no número de parados durante o pasado mes de abril, con subidas de 1.296 desempregados (13,4%) na zona de Santiago, coa capital de Galicia á cabeza sumando 761 parados máis nun mes para un total de 6.571, ou do Barbanza, onde a peche de abril as persoas que buscaban emprego a través de oficinas públicas era de 4.062, 432 máis (11,9%) que o mes anterior, as cifras e as porcentaxes dispáranse se sumamos os datos de marzo e comparámolos co paro de hai un ano.

A suba interanual do paro chegou ó 13,2% no Barbanza e é que a paralización da economía desde a entrada en vigor do estado de alarma polo COVID-19 provoca que en varias comarcas da nosa contorna o paro estea a subir en porcentaxes que superan o 20 % con respecto a abril e 2019.

Así, a zona de Muros (24%) e a comarca de Ordes (23%) son as que rexistran unha maior subida da taxa interanual, seguidas da comarca de Santiago (21,8%), a de Arzúa (20%) e O Sar (17%). Cun incremento relativo algo inferior nos últimos 12 meses atópanse zonas como as de Xallas (16%) ou Noia (14%), xunto á comarca do Barbanza (13,2%) e Melide (11%).

Gráfica da Xunta coa evolución do paro en Galicia nos últimos anos

Outros artigos

Venres 4, calor extrema cos termómetros rozando os 40 graos

Santiago e as Rías Baixas prepáranse para un venres de calor intensa con máximas superiores aos 33 graos A calor farase sentir con forza este venres 4 de setembro, Santa Rosalía, en Compostela e en todo o litoral suroeste de Galicia. Baixo o dominio das altas presións...

+

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.