A Pousada abre as súas portas virtuais este xoves 14 cun concerto dobre de Marlon e 84

14 Maio 2020

A Pousada da Galiza Imaxinaria, ilustre representación barbanzá na rede de salas de concertos galega e estatal, volve este xoves para recordarnos o poder da música e da cultura ante calquera crise que se poña no medio do camiño. Iso si, as portas que abra o responsábel do local, Suso Santamaría, serán unhas portas en boa medida virtuais, quedando aprazadas para máis adiante as concorridas xuntanzas de seareiros entre as súas paredes.

As portas virtuais do senlleiro local boirense ábrense este xoves da man de Marlon e de 84, cunha actuación especial prevista para as 22.00 horas, ao abeiro do ciclo Vibra Mahou, unha iniciativa destinada a permitir que o lume das salas de concertos siga vivo. A actuación, unha actuación dobre, terá un punto de interactivo, xa que os seareiros que estean neste intre conectados poderán elixir, coas súas contribucións, parte do repertorio a interpretar. A sesión canalizarase nas redes a través de @vibramahou e @apousadaboiro, e poderase seguir no Instagram de Vibra Mahou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.