A Deputación da Coruña fortalece a súa aposta polo emprego co seu novo plan PEL

05 Maio 2020

A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade o Plan de Emprego Local (PEL) para o período comprendido entre 2020 e 2023, dotado inicialmente con 40 millóns de euros e cun obxectivo ben definido: impulsar o emprego nos concellos e contribuír, a curto e medio prazo, a paliar as dificultades do tecido empresarial ocasionada pola COVID-19. A entidade provincial anunciou que fortalecerá o plan neste mandato, “debido á boa acollida do mesmo entre empresas e emprendedores nos seus primeiros catro anos”. Agora, a Deputación quixo salientar o potencial do programa para combater as consecuencias da crise sanitaria.

Nun plano máis específico, amais da creación de emprego, o PEL 2020-2023 diríxese a iniciar e consolidar novas empresas na provincia, fomentar o emprendemento e a innovación, valorizar os recursos locais e favorecer a fixación de novas iniciativas de mercado e profesionais en zonas rurais. Tamén se busca modernizar e dixitalizar o tecido empresarial “a través dunha serie de servizos e axudas complementarias ás que proporcionan as diferentes administracións”.

Segundo explicou, facendo balance, o presidente provincial, Valentín González, a posta en marcha do PEL 2016-2019 supuxo “un investimento provincial sen precedentes en materia de emprego”, conseguindo que 2.636 persoas atoparan un posto de traballo na provincia grazas as liñas de PEL-Concellos e PEL-PEMES e 829 emprendedores e emprendedoras recibiran o apoio económico da Deputación para investimentos e actividades relacionadas coa súa actividade empresarial. Amais, foi posíbel captar máis de 6 millóns de euros de financiamento europeo con vistas á execución de proxectos de empregabilidade e puxéronse en marcha os primeiros centros da Rede Provincial de Espazos de Coworking, composto de cinco puntos de traballo innovador e colaborativo: o centro de Oleiros destinado ao sector da arquitectura, o urbanismo, a enxeñería ou as enerxías renovábeis; o de Carballo a empresas TIC; o de Boiro ao sector do mar, o de Brión á transformación de produtos do sector primario, e o de Ames no sector audiovisual e a innovación dixital.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.