26 maio: 35 mortes hoxe en España, pero o total ascende a 283 polo reaxuste. No hospital do Barbanza hai 8 pacientes hospitalizados

26 Maio 2020

España rexistrou este martes 35 falecidos máis por coronavirus Covid-19, unha cifra que reflicte unha caída no número de mortos diarios pola enfermidade, aínda que o total ascende en 283 polo reaxuste na notificación dos datos. Así mesmo, os novos contaxios son 194 nas últimas 24 horas, 62 máis que os que se contabilizaron o día antes. Este martes, o Ministerio de Sanidade elevou a 27.117 os mortos totais desde que comezou a pandemia en España. Son 283 máis que o luns a pesar de que Sanidade cifra os falecidos hoxe en 35.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 834, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 121 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 250 da área de Vigo, 137 da de Santiago, e 25 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en UCI, 52 están en unidades de hospitalización e 775 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.764 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos.

Na zona sanitaria de Santiago- A Barbanza este martes 26 de maio hai 12 pacientes hospitalizados con COVID19: 10 en hospitalización convencional. No Clínico 8 e no hospital do Barbanza 2. Na UCI hai 2 pacientes no CHUS. Pacientes curados 1.555 e PCR realizados 19.752

Outros artigos

Sábado 8, intervalos nubrados e algún chuvasco illado

Este sábado,8 Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará unha xornada de ceos con intervalos nubrados e a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, especialmente no noroeste durante as primeiras horas do día. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.